BUSINESS FACTORY FOOD

ALIMENTA O TEU
ESPÍRITU EMPRENDEDOR

Segunda edición pechada

Pitch day: 28 enero

BUSINESS FACTORY FOOD

É a aceleradora do sector alimentario de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria alimentaria. Busca atraer e impulsar proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, para facer fronte aos retos do sector nunha contorna global

BFFood ten por obxecto implementar programas de apoio ao emprendemento e consolidación de proxectos especializados no sector alimentario e á súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables.

BFFood está enfocada a resolver os retos das empresas do sector, para o que lanza unha convocatoria pública cuxo obxectivo é buscar, identificar e seleccionar proxectos que estean aliñados coa resolución dos retos expostos e apoialos para chegar ao mercado con maiores garantías éxito.

Que ofrecemos

BFFood conta con dous programas específicos de apoio aos proxectos participantes: aceleración e consolidación. Os programas están deseñados para o impulso dos proxectos en función do grao de desenvolvemento dos mesmos, desde a idea inicial co programa de aceleración, ata o afianzamento das vendas co programa de consolidación.

Os programas de BFFood teñen actividades de mentorización, formación, coaching, networking e acceso a un catálogo de infraestruturas, medios e servizos técnicos que permita aos proxectos avanzar no desenvolvemento da iniciativa emprendedora. Cabe destacar que cada un dos proxectos conta cun mentor especifico pertencente a unha empresa líder do sector alimentario que guíe e facilite o seu desenvolvemento no ecosistema do sector. Así mesmo, os proxectos terán acceso a un financiamento específico en forma de subvencións a fondo perdido e prestamos participativos, para favorecer o seu despegamento e consolidación.

Aceleración

Programa de apoyo integral y especializado en el sector alimentario de 9 meses de duración enfocado a iniciativas emprendedoras en su fase inicial, las cuales están desarrollando o han desarrollado un producto o servicio mínimo viable y han esbozado un modelo de negocio, alineado con alguno de los retos que busca resolver el sector alimentario a través de BFF.

Consolidación

Programa de apoio integral e especializado no sector alimentario de 12 meses de duración enfocado a empresas xa constituídas cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas, aliñado con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario a través de BFFood

Por qué BFFood

Saida comercial

Acceso á cadea de valor do sector alimentario de Galicia facilitando a consecución de primeiros pedidos. Dado o carácter vertical da aceleradora, a participación de empresas líderes do sector e o enfoque dos proxectos participantes na resolución dos retos expostos polas empresas, existen grandes posibilidades de obter as primeiras vendas dos proxectos entre os propios axentes participantes en BFFood.

Mentorización

Cada un dos proxectos contará cun mentor especifico pertencente a unha das empresas tractoras de BFFood, con carreira e experiencia no ámbito concreto do proxecto, quen se ocupará de conducir a súa evolución e guiarlles no seu desenvolvemento, facilitando a aliñación da proposta de valor do proxecto coa resolución do reto.

Formación

Os participantes son acredores dun programa de formación xeral e formación específica adaptada ás súas necesidades concretas que lles permita adquirir os coñecementos necesarios para lanzar e consolidar o seu proxecto empresarial, proporcionando ferramentas e coñecementos técnicos específicos do sector alimentario.

Espazo

Os proxectos poderán instalarse nalgunha das instalacións postas a disposición pola entidades colaboradoras de BFFood en distintas cidades de Galicia. Así mesmo, os proxectos participantes dispoñerán dun espazo de traballo con salas de reunións e zona de coworking en Santiago de Compostela, permitindo o contacto entre os distintos proxectos que se sitúen no devandito espazo.

Catálogo infraestruturas, medios e servizos técnicos

Os proxectos participantes terán acceso a un catálogo de infraestruturas, medios e servizos técnicos que facilitarán e acelerarán o desenvolvemento dos proxectos, os cales son postos a disposición dos emprendedores tanto por empresas como por entidades colaboradoras de BFFood.

Ciclo completo

A través das súas dúas modalidades de apoio, de aceleración e de consolidación, BFFood ten capacidade para cubrir as distintas etapas de evolución de calquera proxecto de emprendemento, desde as fases máis temperás, de ideación, ata as máis maduras, onde se trata de consolidar un modelo de negocio que produza vendas recorrentes.

Financiamento

Os proxectos terán o seguinte apoio económico a través de GAIN e XESGALICIA:

GAIN: cantidade de 25.000,00 € por proxecto a fondo perdido no programa de aceleración.

XESGALICIA: para cada unha das empresas seleccionadas na fase de aceleración, financiamento a través dun préstamo participativo que podería comportar unha opción de capitalización de ata un máximo de 50.000 euros. No caso dos proxectos de consolidación, financiamento a través dun préstamo participativo que podería comportar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000 €.

Networking

Entre as actividades previstas por BFFood atópase a de favorecer o networking entre os proxectos e as distintas institucións, empresas e outras entidades do sector alimentario favorecendo a creación de pontes e vías de comunicación que incrementen a visibilidade das iniciativas emprendedoras no ecosistema do sector alimentario, así como con outras institucións relevantes.

Retos

RETO 1 - Dixitalización e automatización
RETO 2 - Trazabilidade, calidade e seguridade alimentaria
RETO 3 - Loxística
RETO 4 - Sustentabilidade e packaging
RETO 5 - Desenvolvemento de novos produtos
RETO 6 - Innovación de procesos e comercialización
RETO 7 - Reto abierto

RETO 1 - Dixitalización e automatización

BigData


Integración dos sistemas de información e infraestruturas necesaria desde a captación do dato, tratamento e robustez dos datos, ata a toma de decisións

RETO 1 - Dixitalización e automatización

Xemelgo dixital


Sistemas avanzados de simulación de procesos que permitan un rigoroso control dos sistemas para evitar problemas, previr tempos de inactividade, probar novas oportunidades de negocio, planificar escenarios futuros mediante simulacións e personalizar a produción a partir dos requirimentos dos clientes.

RETO 1 - Dixitalización e automatización

IoT


Dispositivos conectados que permitan “en tempo real” o seguimento do inventario, o mantemento preditivo nas máquinas e/ou o control remoto das condicións para asegurar a seguridade e a calidade do produto final, con especial aplicación no canle HORECA.

RETO 2 - Trazabilidade, calidade e seguridade alimentaria

Sistemas de xestión da calidade (SGC) paperless


Sistemas que faciliten que a información poida ser xerada, procesada, arquivada e consultada, tanto polas propias empresas como polos distintos axentes que interveñen en toda a cadea de valor da alimentación, dunha maneira substancialmente máis eficiente, segura e fiable.

RETO 2 - Trazabilidade, calidade e seguridade alimentaria

Sistemas automáticos de medición en continuo


Sistemas para a monitoraxe e control de calidade dos alimentos a través do uso de sensores, que ofrezan resultados de parámetros obxectivos, que poidan ser adaptados a unha liña de procesos.

RETO 3 - Loxística

Etiquetado intelixente


Sistema de etiquetaxe integral e personalizable dos produtos que permita unha trazabilidade integral ao longo do conxunto da cadea de valor. De maneira particular, preténdese optimizar a loxística e xestión de inventario nas localizacións controladas.

RETO 3 - Loxística

Loxística 4.0


Solucións que supoñan unha optimización da cadea de subministración. Son de especial interese sistemas innovadores que mediante interconexión, novas interfaces e/ou novas programacións garantan unha xestión de envíos máis eficiente en previsión da demanda, unha redución de stocks e almacenaxes, unha optimización de roteiros, a xeolocalización de clientes, o coñecemento da localización e a trazabilidade da mercadoría.

RETO 4 - Sustentabilidade e packaging

Envases innovadores, sostibles e novos materiais


Solucións que minimicen minimicen o impacto ambiental debido ao uso de plásticos en envases alimentarios. Son de especial interese proxectos de novos materiais sustitutivos do plástico, totalmente biodegradables, que garantan as características organolépticas dos produtos envasados.

RETO 4 - Sustentabilidade e packaging

Valorización de residuos e co-productos


Desenvolver novos produtos ou novas aplicacións de uso alimentario, mediante os cales sexa posible canalizar os desequilibrios de oferta e demanda así como os subproductos alimentarios, transformándoos en propostas innovadoras e saudables para a industria e/ou o consumidor final.

RETO 5 - Desenvolvemento de novos produtos

Productos saudábeis e nutrición personalizada


Produtos saudábeis e nutrición personalizada: Novos produtos alimenticios que optimicen o estado nutricional das persoas adaptándose ás necesidades específicas destas (idade, hábitos de saúde, fisiopatología, etc.).

RETO 5 - Desenvolvemento de novos produtos

Novos ingredientes e propiedades


Novos ingredientes e propiedades: Novas substancias sustentables e orgánicas que permitan unha mellora organoléptica, nutricional ou funcional dun produto alimentario.

RETO 6 - Innovación de procesos e comercialización

Comercialización e interacción con clientes e consumidores


Novas soluciones TIC que acompañen ás propostas de valor do sector alimentario e supoñan novas características de interese tanto para os clientes como para calquera axente da cadea de valor alimentaria e que faciliten a comunicación en ambas as direccións.

RETO 6 - Innovación de procesos e comercialización

Novos procesos de transformación ecoeficientes e adaptados á demanda


Solucións que faciliten a implantación ou mellora nos procesos de transformación para facelos máis eco-eficientes. Trátase de avanzar nun uso sustentable, eficiente e optimizado dos recursos enerxéticos e as materias primas, e a diminuír ao máximo os residuos e emisións xerados no proceso de produción dun determinado produto.

RETO 7 - Reto abierto

Reto Libre


Calquera iniciativa/proxecto que supoña unha innovación, en sentido amplo (produto, proceso, comercialización, etcétera), para o sector alimentario de Galicia, desde a orixe e tratamento da materia prima pasando por produtos de quinta gama ata pechar o círculo alimenticio, buscando a circularidade do fluxo de produtos e servizos empregados nas distintas fases da cadea de valor principal, así como dos elos laterais.

Serán especialmente valoradas e priorizadas aquelas propostas cuxa temática se enmarque nalgunha das grandes prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3

Catálogo de infraestruturas,
medios e servizos técnicos

A aceleradora BFFood ofrece todos os servizos e infraestruturas necesarios para facilitar o éxito dos proxectos participantes, tanto se se atopan en fases de desenvolvemento iniciais, coma se xa conseguiron un piloto ou unha primeira venda.

A utilización destas infraestruturas e medios por parte dos proxectos participantes atópase financiado en gran parte polo IGAPE, a través do convenio asinado para a posta en marcha da aceleradora.

Servizos

Innovación

Ingredientes e nutrición Tecnologías 4.0 aplicadas a procesado, distribución y comercialización
Seguridade alimentaria Lean manufacturing
Sustentabilidade e Valorización Sistemas de cálculo e modelización
Procesado, envasado e conservación Enxeñería de procesos, automatización e robótica

Tecnolóxicos

Ensaios físico-químicos
Ensaios microbiolóxicos
Outros ensaios biolóxicos

Infraestruturas

Espazos de incubación Plantas piloto industriais
Laboratorios e equipamento Investigación avanzada
Infraestruturas de comunicación Espazos de computación avanzada

Programa de formación

Os proxectos participantes en BFFood terán acceso a un programa de formación especifico segundo as súas necesidades e grao de desenvolvemento de proxecto que lles permitan adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para levar a éxito o seu proxecto de emprendemento. A formación será impartida por expertos das universidades e entre os distintos módulos de formación atópanse os seguintes.

Módulos de formacion Horas
1 Innovation readiness: incerteza, risco e madurez da innovación 8
2 Innovación e xestión na industria alimentaria 8
3 Metodoloxías áxiles. SCRUM 6
4 Soft skills: habilidades de factor humano 6
5 A estratexia de entrada ao mercado e comercialización 6
6 Customer-centirc marketing na era dixital 6
7 Plan de Negocio 6
8 Planificación financeira: investimento e financiamento 6
9 Internacionalización 6
10 Propiedade industrial 6
64

Programa de coaching

O programa de coaching de BFFood terá por misión principal aplicar os coñecementos adquiridos á situación concreta de cada un dos proxectos mediante a acción de coaches especializados. Estes coaches, que irán acompañando aos proxectos en cada un dos sucesivos estadios de desenvolvemento, deberán, así mesmo, avaliar a súa situación e emitir informes temáticos que sirvan para que os mentores e o resto de organismos do programa posúan información precisa e actualizada da súa marcha e do traballo realizado ata o momento.

Espazos de incubación

Os proxectos poderán localizarse en calquera os espazos de incubación que se mostran a continuación, aínda que, a sede principal de BFFood é o edificio FEUGA en Santiago de Compostela, onde se realizarán parte das accións da aceleradora.

EDIFICIO DE FEUGA – FEUGA Oficinas, aulas e auditorio. Santiago de Compostela.

EDIFICIO EMPRENDIA – USC Despachos e laboratorios da incubadora. Campus Sur, Universidade de Santiago de Compostela.

EDIFICIO DE FERRO – UVIGO Oficinas e laboratorios. Campus de Ourense, Universidade de Vigo.

CITI – UVIGO Instalacións e laboratorios de CITI. Campus de Ourense, Universidade de Vigo.

CITEXVI – UVIGO Oficinas e laboratorios. Campus de Vigo, Universidade de Vigo.

CUSA – UVIGO Oficinas e laboratorios. Campus de Vigo, Universidade de Vigo.
Localizaciones
Localizaciones

Calendario

Calendario

Onde estamos

Clúster Alimentario de Galicia - Clusaga | Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n | (15705) Santiago de Compostela | +34 629 991 023 | bff@clusaga.org

mapEurope