BUSINESS FACTORY FOOD

ALIMENTA O TEU
ESPÍRITO EMPRENDEDOR

Bases da convocatoria

Convocatoria aberta ata o 16/05/2019

Inscríbete

Business Factory Food

É a aceleradora do sector alimentario de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria alimentaria. Busca atraer e impulsar proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, para facer fronte aos retos do sector nunha contorna global

BFFood ten por obxecto implementar programas de apoio ao emprendemento e consolidación de proxectos especializados no sector alimentario e á súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables.

BFFood está enfocada a resolver os retos das empresas do sector, para o que lanza unha convocatoria pública cuxo obxectivo é buscar, identificar e seleccionar proxectos que estean aliñados coa resolución dos retos expostos e apoialos para chegar ao mercado con maiores garantías éxito.

Que ofrecemos

BFFood conta con dous programas específicos de apoio aos proxectos participantes: aceleración e consolidación. Os programas están deseñados para o impulso dos proxectos en función do grao de desenvolvemento dos mesmos, desde a idea inicial co programa de aceleración, ata o afianzamento das vendas co programa de consolidación.

Os programas de BFFood teñen actividades de mentorización, formación, coaching, networking e acceso a un catálogo de infraestruturas, medios e servizos técnicos que permita aos proxectos avanzar no desenvolvemento da iniciativa emprendedora. Cabe destacar que cada un dos proxectos conta cun mentor especifico pertencente a unha empresa líder do sector alimentario que guíe e facilite o seu desenvolvemento no ecosistema do sector. Así mesmo, os proxectos terán acceso a un financiamento específico en forma de subvencións a fondo perdido e prestamos participativos, para favorecer o seu despegamento e consolidación.

Aceleración

Programa de apoio integral e especializado no sector alimentario de 9 meses de duración enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, as cales están a desenvolver ou desenvolveron un produto ou servizo mínimo viable e esbozaron un modelo de negocio, aliñado con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario a través de BFFood.

Consolidación

Programa de apoio integral e especializado no sector alimentario de 12 meses de duración enfocado a empresas xa constituídas cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas, aliñado con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario a través de BFFood.

por que BFFood

Saida comercial

Acceso á cadea de valor do sector alimentario de Galicia facilitando a consecución de primeiros pedidos. Dado o carácter vertical da aceleradora, a participación de empresas líderes do sector e o enfoque dos proxectos participantes na resolución dos retos expostos polas empresas, existen grandes posibilidades de obter as primeiras vendas dos proxectos entre os propios axentes participantes en BFFood.

Mentorización

Cada un dos proxectos contará cun mentor especifico pertencente a unha das empresas tractoras de BFFood, con carreira e experiencia no ámbito concreto do proxecto, quen se ocupará de conducir a súa evolución e guiarlles no seu desenvolvemento, facilitando a aliñación da proposta de valor do proxecto coa resolución do reto.

formación

Os participantes son acredores dun programa de formación xeral e formación específica adaptada ás súas necesidades concretas que lles permita adquirir os coñecementos necesarios para lanzar e consolidar o seu proxecto empresarial, proporcionando ferramentas e coñecementos técnicos específicos do sector alimentario.

Espazo

Os proxectos poderán instalarse nalgunha das instalacións postas a disposición pola entidades colaboradoras de BFFood en distintas cidades de Galicia. Así mesmo, os proxectos participantes dispoñerán dun espazo de traballo con salas de reunións e zona de coworking en Santiago de Compostela, permitindo o contacto entre os distintos proxectos que se sitúen no devandito espazo.

Catálogo infraestruturas, medios e servizos técnicos

Os proxectos participantes terán acceso a un catálogo de infraestruturas, medios e servizos técnicos que facilitarán e acelerarán o desenvolvemento dos proxectos, os cales son postos a disposición dos emprendedores tanto por empresas como por entidades colaboradoras de BFFood.

Ciclo completo

A través das súas dúas modalidades de apoio, de aceleración e de consolidación, BFFood ten capacidade para cubrir as distintas etapas de evolución de calquera proxecto de emprendemento, desde as fases máis temperás, de ideación, ata as máis maduras, onde se trata de consolidar un modelo de negocio que produza vendas recorrentes.

Financiamento

Os proxectos terán o seguinte apoio económico a través de GAIN e XESGALICIA:

GAIN: cantidade de 25.000,00 € por proxecto a fondo perdido no programa de aceleración.

XESGALICIA: para cada unha das empresas seleccionadas na fase de aceleración, financiamento a través dun préstamo participativo que podería comportar unha opción de capitalización de ata un máximo de 50.000 euros. No caso dos proxectos de consolidación, financiamento a través dun préstamo participativo que podería comportar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000 €.

Networking

Entre as actividades previstas por BFFood atópase a de favorecer o networking entre os proxectos e as distintas institucións, empresas e outras entidades do sector alimentario favorecendo a creación de pontes e vías de comunicación que incrementen a visibilidade das iniciativas emprendedoras no ecosistema do sector alimentario, así como con outras institucións relevantes.

Retos

Dixitalización e automatización
Calidade e seguridade alimentaria
Sustentabilidade e packaging
Comercialización
Desenvolvemento de novos produtos
Trazabilidade e loxística
Innovación sector alimentario

Dixitalización e automatización

Predición da demanda


As fluctuaciones na demanda do sector alimentario son un elemento crítico da cadea de valor, o cal implica que se dean situacións de sobreprodución e exceso de stock ou, pola contra, de escaseza de oferta.

Así, resultaría de gran valor para o sector alimentario sistemas de información que poidan mellorar a capacidade das empresas para predicir o comportamento da demanda e, por tanto, planificar e adaptarse ás necesidades do cliente. En concreto, trátase aquí de desenvolver aplicacións baseadas en técnicas de modelización, aprendizaxe e a minería de datos que permitan construír modelos de intelixencia predictiva da demanda de produto final.

Dixitalización e automatización

Xestión dixital da calidade


Os sistemas de xestión da calidade ( SXC) do sector alimentario manexan importantes volumes de información, o reto atópase na dixitalización dos mesmos e, en certa medida, a súa automatización, e que por tanto poida reducirse ou mesmo eliminarse a súa dependencia do papel.

Un SXC paperless supoñería que esa información poida ser xerada, procesada, arquivada e consultada, , tanto polas propias empresas como polos distintos axentes que interveñen en toda a cadea de valor da alimentación, dunha maneira máis eficiente, segura e fiable.

Calidade e seguridade alimentaria

Valoración organoléptica obxectiva


A industria alimentaria busca métodos e tecnoloxías de análise obxectiva das condicións organolépticas dos produtos alimentarios, xa sexan materia prima ou procesados.

Estas solucións de análise obxectiva contribuirían a xerar criterios estandarizados que facilitarían e axilizarían a comunicación entre os distintos axentes da cadea produtiva e, de modo especial, entre provedores e clientes.

Sustentabilidade e packaging

Envases innovadores


O sector mostra un gran interese en atopar novos formatos de envase que porten unha ou varias das seguintes características:

  • Acabados premium, máis coidados.
  • Alongamento do ciclo de vida dos produtos.
  • Redución dos impactos ambientais.
  • Eliminación de polímeros.
  • Optimización dos procesos loxísticos.
  • Innovación en formatos diferenciais.

Comercialización

Solucións tecnolóxicas comerciais


Considérase de interese para este reto implantar solucións TIC que acompañen ás propostas de valor do sector alimentario e supoñan novas características de interese tanto para os clientes como para calquera axente da cadea de valor alimentaria e que faciliten a comunicación en ambas as direccións.

Desenvolvemento de novos produtos

Coberturas crocantes


O sector busca, no contexto dos conxelados e os refrixerados de preparación rápida en microondas , coberturas crocantes de tipo rebozado ou empanado, sexan líquidas ou non, que poidan ser aplicadas aos produtos, particularmente aos procedentes da pesca, e que dean lugar a precociñados saudables e de alta calidade.

As solucións poden basearse no uso de novos ingredientes, en tecnoloxías de fabricación ou mesmo no envasado, pero deberán garantir que o produto final, unha vez conxelado, poida ser cociñado nun forno microondas sen desconxelación previa e dar lugar a unha textura crocante en degustación.

Desenvolvemento de novos produtos

Valorización de excedentes


Considérese de interese desenvolver novos produtos ou novas aplicacións, mediante os cales sexa posible canalizar os desequilibrios de oferta e demanda así como os subprodutos alimentarios, transformándoos en propostas innovadoras e saudables para a industria e/ou o consumidor final.

A xeración de excedentes en materia prima e subprodutos, sobre todo no que ten que ver coas industrias lácteas, vitivinícolas e cárnicas, supón unha oportunidade sectorial para innovar en novos produtos e novos usos das materias primas que se producen en Galicia.

Trazabilidade e loxística

Etiquetado intelixente


Este reto busca optimizar a loxística de frío e xestión das pre-expedicións nunha factoría de alimentación.

Búscase dar unha solución mellorada na xestión dos finais de liña, xa sexa en seco, refrixerado ou conxelado mediante unha etiqueta intelixente que recolla toda a información relativa ao produto.

A solución debería permitir optimizar o sistema de xestión dos andeis móbiles de almacenamento, ademais da monitoraxe da xestión en forma de buffer, para preparar as mercadorías suxeitas a pre-expedición.

Innovación sector alimentario

Reto aberto


Formúlase este reto aberto, no que cabe calquera proxecto que poida ser aplicable ao sector alimentario e que supoña a introdución de innovacións e melloras.

Considérase de interese calquera iniciativa/proxecto que supoña unha innovación, en sentido amplo (produto, proceso, comercialización, etcétera), para o sector alimentario de Galicia, desde a orixe e tratamento da materia prima pasando por produtos de quinta gama ata pechar o círculo alimenticio, buscando a circularidade do fluxo de produtos e servizos empregados nas distintas fases da cadea de valor principal, así como dos elos laterais.

Catálogo de infraestruturas,
medios e servizos técnicos

A aceleradora BFFood ofrece todos os servizos e infraestruturas necesarios para facilitar o éxito dos proxectos participantes, tanto se se atopan en fases de desenvolvemento iniciais, coma se xa conseguiron un piloto ou unha primeira venda.

A utilización destas infraestruturas e medios por parte dos proxectos participantes atópase financiado en gran parte polo IGAPE, a través do convenio asinado para a posta en marcha da aceleradora.

Servizos

Innovación

Ingredientes e nutrición Tecnologías 4.0 aplicadas a procesado, distribución y comercialización
Seguridade alimentaria Lean manufacturing
Sustentabilidade e Valorización Sistemas de cálculo e modelización
Procesado, envasado e conservación Enxeñería de procesos, automatización e robótica

Tecnolóxicos

Ensaios físico-químicos
Ensaios microbiolóxicos
Outros ensaios biolóxicos

Infraestruturas

Espazos de incubación Plantas piloto industriais
Laboratorios e equipamento Investigación avanzada
Infraestruturas de comunicación Espazos de computación avanzada

Programa de formacion

Os proxectos participantes en BFFood terán acceso a un programa de formación especifico segundo as súas necesidades e grao de desenvolvemento de proxecto que lles permitan adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para levar a éxito o seu proxecto de emprendemento. A formación será impartida por expertos das universidades e entre os distintos módulos de formación atópanse os seguintes.

Módulos de formacion Horas
1 Innovation readiness: incerteza, risco e madurez da innovación 8
2 Innovación e xestión na industria alimentaria 8
3 Metodoloxías áxiles. SCRUM 6
4 Soft skills: habilidades de factor humano 6
5 A estratexia de entrada ao mercado e comercialización 6
6 Customer-centirc marketing na era dixital 6
7 Plan de Negocio 6
8 Planificación financeira: investimento e financiamento 6
9 Internacionalización 6
10 Propiedade industrial 6
64

Programa de coaching

O programa de coaching de BFFood terá por misión principal aplicar os coñecementos adquiridos á situación concreta de cada un dos proxectos mediante a acción de coaches especializados. Estes coaches, que irán acompañando aos proxectos en cada un dos sucesivos estadios de desenvolvemento, deberán, así mesmo, avaliar a súa situación e emitir informes temáticos que sirvan para que os mentores e o resto de organismos do programa posúan información precisa e actualizada da súa marcha e do traballo realizado ata o momento.

O programa de coaching estruturarase por temáticas, da maneira que segue:

Módulos de coaching
1 Coaching de innovación e emprendemento
2 Coaching de proposta de valor
3 Coaching de negocio
4 Coaching de comercialización e márketing
5 Coaching de comunicación
6 Coaching de recursos humanos
7 Coaching de dirección e administración
8 Coaching de dixitalización e tecnoloxía
9 Coaching de financiamento
10 Coaching de procesos y operacións
11 Coaching legal
12 Coaching de internacionalización

Espazos de incubación

Os proxectos poderán localizarse en calquera os espazos de incubación que se mostran a continuación, aínda que, a sede principal de BFFood é o edificio FEUGA en Santiago de Compostela, onde se realizarán parte das accións da aceleradora.

EDIFICIO DE FEUGA – FEUGA Oficinas, aulas e auditorio. Santiago de Compostela. Localizaciones
EDIFICIO EMPRENDIA – USC Despachos e laboratorios da incubadora. Campus Sur, Universidade de Santiago de Compostela.
EDIFICIO DE FERRO – UVIGO Oficinas e laboratorios. Campus de Ourense, Universidade de Vigo.
CITI – UVIGO Instalacións e laboratorios de CITI. Campus de Ourense, Universidade de Vigo.
CITEXVI – UVIGO Oficinas e laboratorios. Campus de Vigo, Universidade de Vigo.
CUSA – UVIGO Oficinas e laboratorios. Campus de Vigo, Universidade de Vigo.
Localizaciones

Calendario

Calendario

Onde estamos

Clúster Alimentario de Galicia - CLUSAGA | Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n | (15705) Santiago de Compostela | 881 023 853 | bff@clusaga.org

mapEurope